cabecera cuadrada

Pontevedra

 

PONTEVEDRA (14-10-05)

 
Actuación no Teatro Principal ás 20.30 con motivo da I Mostra de Canto, organizado pola Coral Bella Helenes de Pontevedra. Compartimos escenario coa Coral de Poio, Coral Alento Xoven de Carril, Coral Abrente da Pobra do Caramiñal e a anfitriona.

    PROGRAMA
Foliada de Compostela   Harm.: José Marino G.
El sabor de unha Habanera       Letra: Mª. Teresa Lorenzo // Músic: Armando Bernabeu
O cuco   P. Valverde // M. María
Xa non sei cantar   Harm.: Pérez Bernal

          

 

PONTEVEDRA (13-12-08)


Actuación no Teatro Principal de Pontevedra ás 17:00 horas con motivo do I Festival de Corais, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Compartimos escenario co Coro “Chorima” da Asociación de Mulleres de Moaña, Agrupación Coral “Pazo de Oca”, Asociación Masa Coral Moañesa, Coral Airiños da Asociación Cultural Deportiva de Campañó, Coral Polifónica “Queixumes” do Hío, Coral Polifónica de Rodeiro e a Coral Polifónica del Centro Artístico Sportivo.

    PROGRAMA
Volvoreta   F. A. Rey Rivero
Te quiero       Letra: Mario Beneddeti // Música: Alberto Favero
Eres alta y delgada (Popular)   Harm.: Ángel Baria

 

 
           
PONTEVEDRA (27-04-13)


Actuación no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra con motivo da participación no II Festival de Habaneras, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Este organismo fixo a segunda convocatoria para as agrupacións de máis de 30 compoñentes e para celebrar en Vilagarcía, Tui e Pontevedra. A esta última sede pertencían os grupos do Morrazo, norte da provincia e arredores de Pontevedra, presentándose 17 agrupacións e por medio dun sorteo público quedaron as seguintes corais: Coro Santa Eulalia de Meira (Moaña), Coro Chorima (Moaña), Coral Polifónica de Campo Lameiro, Coro Samertolameu (Moaña), Orfeón Parroquial Nosa Señora de Hoy-Vas (Vila de Cruces), Coral Polifónica de Barro, Coral do Centro Sociocomunitario de Marín, Asociación Masa Coral Moañesa, Coral Polifónica Marusía (Bueu) e a Coral Airiños de Campañó (Pontevedra), que pechou a actuación por ser do concello anfritrión. Desde as cinco da tarde, cada unha das corais interpretou tres habaneras e ao finalizar a actuación, a Deputada Provincial e Presidenta da Comisión de Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, fixo entrega  dun agasallo de lembranza do acto e dun diploma de participación.

    PROGRAMA
Jardín de ensueño       F. A. Rey Rivero
El sabor de unha Habanera   Letra: Mª. Teresa Lorenzo // Músic: Armando Bernabeu
A tu lado   Javier Busto

Galería de fotos