cabecera cuadrada

Bandeira

BANDEIRA (Silleda) (28-03-15)

Participación no Concerto do III Aniversario da fundación do Coro Vales Mahía, acto celebrado no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira ás 8:30 do serán. Ao mesmo tempo homenaxeouse a Antonio Quinteiro, excompoñente da Banda de Veteranos da Bandeira e do Coro Vales Mahía, finado recentemente. Actuaron tamén o grupo “Musiquiños”, coro infantil da Escola de Música Municipal de Silleda, o grupo folklórico Fortín da Pomba, a Banda de Música de Veteranos da Bandeira e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. O Coro Vales Mahía acompañou a todas as agrupacións en algunha peza.

    PROGRAMA
Las cuatro palomas (son)   Ignacio Piñeiro / Electo Silva
Vento mareiro (estrea)        F. A. Rey Rivero
Son de la Loma (estrea)   Miguel Matamoros / Electo Silva
Sóngoro Cosongo (son cubano)   Nicolás Guillén / Eliseo Grenet
Co Coro Vales Mahía
O voso galo, comadre   Miguel Groba
Con todos os grupos participantes
Himno galego   Eduardo Pondal / Pascual Veiga

 

galería de fotos